Diana
Diana ía ao cole que máis preto lle quedaba da casa. Tiña moitos amigos. E, tamén, moitas amigas. Cando chegaba o verán ía moita calor e non podía saír da casa despois do xantar. Por iso non ía ao cole e non vía os seus amigos nin, tampouco, as súas amigas. O martes pola tarde a nai deixouna ir por un xeado. Íao comer na alameda. De camiño, atopou un lagarto.
-Como te chamas?
-Diana.
-E que anos tes?
-Ti como te chamas?
-Eu Arnao.
-Arnao… Que nome!
-Iso que levas aí é un xeado?
-É. Lévoo para a alameda para merendar.
-Na alameda hai saltóns.
-E que pasa cos saltóns?
-Andan tolos polos xeados estes días.
Diana pensouno ben.
-Podo deixarche o meu xeado mentres vou buscar eses saltóns tolos?
-Que lles queres?
-Pois ver como son.
Deixoulle o seu xeado a Arnao e deu tres voltas á alameda, pero non viu ningún saltón. Volveu onda o lagarto, mais non estaba. Diana quedou quieta, pensando.
-E levouno!
Chegou á casa.
-Todos o levan -contestou a mamá.