Outubro 4th, 2011
Diana ía ao cole que máis preto lle quedaba da casa. Tiña moitos amigos. E, tamén, moitas amigas. Cando chegaba o verán ía moita calor e non podía saír da casa despois do xantar. Por iso non ía ao cole e non vía os seus amigos nin, tampouco, as súas amigas. O martes pola tarde a nai deixouna ir por un xeado. Íao comer na alameda. De camiño, atopou un lagarto.
-Como te chamas?
-Diana.
-E que anos tes?
-Ti como te chamas?
-Eu Arnao.
-Arnao… Que nome!
-Iso que levas aí é un xeado?
-É. Lévoo para a alameda para merendar.
-Na alameda hai saltóns.
-E que pasa cos saltóns?
-Andan tolos polos xeados estes días.
Diana pensouno ben.
-Podo deixarche o meu xeado mentres vou buscar eses saltóns tolos?
-Que lles queres?
-Pois ver como son.
Deixoulle o seu xeado a Arnao e deu tres voltas á alameda, pero non viu ningún saltón. Volveu onda o lagarto, mais non estaba. Diana quedou quieta, pensando.
-E levouno!
Chegou á casa.
-Todos o levan -contestou a mamá.
Posted in o eros da afrodita, refucida | No Commentss »
Xuño 5th, 2011
no woman no cry
voute atopardescubrirconquistarconquerir
Posted in café | 1 Comment »
Xuño 4th, 2011
el: Café.
eu: Escorregoume todo polo lacrimal.
el: E agora que facemos?
eu: Bótalle vodka.
el: Brindamos!
eu: Está salgado.
el: Vou ao mellor sitio.
eu: Xa estabas no mellor sitio.
Posted in café | No Commentss »
Maio 21st, 2011
Conto as semanas por espazo. O espazo non existe. E logo onde agocho as palabras que despois ti, a descoñecida, atopas e des-gastas? Desgastar é unha contradicción. Contradicir é tragar as frases cando non s’oen. Desdicir é engulipalas para que non escoites. Menuda sandez a que acaba de contar. Cun conto.
Posted in café | No Commentss »
Maio 7th, 2011
e dixo Jacobo
que non a atopaba
que xa non a vira
que non a buscaba
larelo pum pum
choraba o meniño
mamiñamamai
por que marcha a xente?
xa non lembra máis
Posted in refucida | No Commentss »
Abril 30th, 2011
Naquel monte sempre quixo vivir Ésile. Era condesa. Non sabemos o que lle pasou. Vía o outro monte. E outro. E Manzaneda. Quería (e querería) cear corza, pero hai cousas que non se pode. Pensouno mellor e marchou ó lameiro co pozo e o regato. A terra aí baixaba e subía e no lameiro sempre había lama. E auga: podía bañarse despois. Empezou a depilarse cando lle quedaban os pelos pegados. To-dos. Agora xa quere vivir na costa aquela de asfalto que cheira a arcolitos e peixe podre (ou fresco, depende). Pero non hai campo de fútbol.
Posted in refucida | No Commentss »
Febreiro 7th, 2011
Aínda está a túa pegada
+ baleiro
no peito que cheira a xofre.
+ baleiro
e chantada
onde sempre
onde cómpre.
e non manca de tanto podre que ten
sucia e fondamatoria.
nin mol nin rabo de gaita:
memória.
Faina.
E morno e maino é o vento
-río, canta!-
e a herba quece co sol.
Disque. Mais
asubía
errores. Ben-
vid*s, señores?
á festa que vai afundir no lodo.
O home está ó mando
deica a mañá se relambe
os meus calos.
Fame.
Cando mo preguntaches non pensabas
que sabía facer cancións modernas.
Posted in dita, o eros da afrodita, refucida | No Commentss »
Xaneiro 23rd, 2011
E aínda ás veces os fíos de sangue esvaran contra o val.
Posted in o eros da afrodita | No Commentss »
Novembro 4th, 2010
Correu cara os carballos e rubiu
por as polas e ardiu por hidróxeno
líquido por hidróxeno líquido
dos seus ollos que saía dos seus
ollos e da súa boca azul.
Posted in refucida | 1 Comment »
Novembro 2nd, 2010
Ela deixábase bicar. Era unha desas.
Posted in o eros da afrodita | No Commentss »